Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 mayo, 2024
22/05/2024 O Pleno da Corporación de maio debaterá unha proposta da Alcaldía para crear unha comisión especial para analizar a forma máis sustentable e eficiente da xestión do ciclo da auga, que estará integrada por unha representación de todos os grupos municipais e por persoal técnico municipal.
Esta comisión elaborará un informe coas conclusións tendo en conta o estudo realizado en xullo de 2020; sen prexuízo de impulsar outros traballos que xulgue necesarios para o cumprimento do seu fin.
O obxectivo é dar os pasos necesarios para regularizar os servizos básicos de abastecemento de auga e saneamento que se prestan dun xeito precario no concello de Santiago de Compostela desde que venceu a prórroga do contrato.
A forma de xestión do servizo do ciclo integral da auga é unha decisión que debe dar lugar a un modelo que perdurará por un longo período de tempo. Iso, unido á importancia que ten este servizo esencial, fai recomendable conseguir o maior consenso posible na forma de xestión.
A proposta para poñer en marcha esta comisión inclúe que estará integrada pola alcaldesa ou membro da Corporación en quen delegue, que actuará como presidencia da comisión, e dous membros representantes de cadanseu grupo municipal dos que forman a Corporación. Ademais, estarán as persoas titulares de órganos e postos técnicos, que terán voz pero non voto, da Secretaría do Pleno, da Dirección da Asesoría Xurídica, da Intervención municipal, da Dirección da Área de Urbanismo e Infraestruturas, da Coordinación Xeral, da Xefatura de Sección de Saneamento e mais da Dirección da Área de Sustentabilidade e Servizos Básicos, que actuará como secretaria desta comisión.
Cando se constitúa a comisión poderá requirir o asesoramento que considere, tanto de persoal técnico municipal como externo, e cando o así o decida, dará conta ao Pleno dos seus avances ou das decisións adoptadas.
Escrito por Líder Redacción
El programa matinal de uno de los grandes periodistas de nuestro país. Con todas las noticas de Galicia, España y el mundo; sin cortapisas y con la mayor pluralidad. Entrevistas, declaraciones y las opiniones de los mejores prescriptores.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)