Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O concerto terá lugar este venres 22 de maio ás 21.00 horas no Modus Vivendi, en Santiago, e servirá para presentar en directo “Milonga de ollos dourados”, a adaptación ao galego do clásico do cantautor uruguaio Alfredo Zitarrosa
O cantautor galego Rodrigo Ramos ofrecerá mañá, venres 22 de maio, un concerto no Modus Vivendi, onde presentará en directo o seu máis recente lanzamento, Milonga de ollos dourados, unha adaptación ao galego da emblemática canción popular uruguaia de Alfredo Zitarrosa. A actuación comezará ás 21.00 horas.
A canción, xa dispoñible en todas as plataformas dixitais, recupera unha das composicións máis recoñecibles do repertorio de Zitarrosa e trasládaa ao galego desde unha mirada contemporánea. A peza mantén a esencia da obra orixinal, unha delicada declaración de amor na que a música actúa como mensaxeira entre o narrador e unha muller ausente, evocada a través da imaxe dos seus “ollos dourados”.
O concerto de mañá será unha oportunidade para escoitar as cancións que conforman a traxectoria de Rodrigo Ramos, un artista que foi consolidando a súa carreira entre o folk, o pop e o rock con traballos como Mirabas almas (2017), Sol de invierno (2019) e Claustrofobia (2023).
As entradas para o concerto continúan á venda e a actuación promete converterse nun dos encontros musicais destacados desta semana en Santiago de Compostela, reunindo sobre o escenario dúas voces que dialogan coa tradición desde unha perspectiva actual e propia.
Escrito por Líder Redacción
concerto elena zas modus vivendi rodrigo ramos Santiago de Compostela



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)