AD

Sucesos

Unha muller faleceu en Sanxenxo tras ser alcanzada por un vehículo

today24 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

Camiñaba xunto coa súa famlia: marido, filla (menor de idade) e avoa. Estas últimas tamén foron trasladadas ao Hospital de Montecelo.

O atropelo produciuse ás 19:30 horas desta tarde na PO-308, en Bordóns, Sanxenxo. A vítima camiñaba nun grupo familiar cando un vehículo a atropelou. A muller faleceu, mentres que a nai e a filla resultaron ilesas, aínda que necesitaron asistencia médica, a avoa por ansiedade, a cativa por precaución.

O primeiro aviso recibiuse no 112 Galicia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, activáronse os protocolos correspondentes para que se mobilizasen os recursos de emerxencias necesarios, isto é, os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como os membros do GES de Sanxenxo.

O marido socorreron a muller e tratou de reanimala, aínda que sen éxito.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *