Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 julio, 2026
Un motorista resultou ferido nas primeiras horas do xoves tras sufrir un accidente de tráfico no municipio de Oroso ao cruzárselle un xabaril na estrada.
Segundo informou Protección Civil de Oroso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizou os servizos de emerxencia ata o lugar do sinistro. Como consecuencia do encontro co animal, o condutor da motocicleta perdeu o control do vehículo e acabou caendo sobre a calzada.
Ata o punto desprazouse unha ambulancia do 061, cuxo persoal sanitario atendeu ao único implicado no accidente e procedeu ao seu traslado a un centro hospitalario para recibir asistencia médica.
Desde Protección Civil de Oroso lembran a importancia de extremar a precaución nas estradas, especialmente en zonas onde é frecuente a presenza de fauna salvaxe, xa que este tipo de incidentes continúa sendo unha das principais causas de accidentes nas vías galegas.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)