AD

Comarca

Rianxo convértese en plató de cinema coa gravación de “Operación Camarón 2”

today25 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

A entrada de vehículos á Praza Castelao estará moi limitada a próxima semana debido á gravación da secuela da exitosa comedia producida por Telecinco Cinema e La Pepa Films.

A Praza Castelao de Rianxo experimentará importantes restricións de acceso para vehículos durante a próxima semana con motivo da rodaxe de “Operación Camarón 2”, a nova produción cinematográfica impulsada por Telecinco Cinema e La Pepa Films.

A gravación obrigará a limitar notablemente a circulación na contorna da praza, unha situación que poderá ocasionar algunhas molestias temporais á veciñanza e ás persoas usuarias desta zona céntrica do municipio. Con todo, desde o Concello destacan a relevancia que supón para Rianxo converterse nun escenario cinematográfico de ámbito estatal.

A primeira entrega da saga, “Operación Camarón”, acadou un notable éxito entre o público, sendo vista por preto de 600.000 espectadores no ano da súa estrea. Ademais, converteuse na película máis vista en aberto en España desde 2020, consolidándose como unha das comedias de maior repercusión dos últimos anos.

A presenza desta produción en Rianxo representa unha oportunidade para dar a coñecer a nivel nacional os atractivos do municipio e a beleza da súa contorna. A difusión que proporciona o cinema contribúe a reforzar a imaxe turística e cultural da localidade, proxectando a súa identidade máis alá das fronteiras galegas.

Desde o Concello agradecen a comprensión da cidadanía ante as limitacións temporais de tráfico e consideran que o impacto promocional da rodaxe compensará as incomodidades ocasionadas durante os traballos de produción.

“A molestia que nos poida causar a rodaxe ben merece a pena para seguir difundindo Rianxo e a fermosura do noso pobo”, sinalan desde o goberno local.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *