Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
COMUNICADO | O Monbus Obradoiro gañouse o dereito a competir na Liga Endesa. Afrontar este reto supón dar un paso de enorme esixencia deportiva, económica e estrutural, e obríganos a construír un proxecto sólido, viable e con futuro, sempre desde a responsabilidade e o compromiso coa estabilidade do club.
Con ese obxectivo formulouse a campaña de abonados 26/27, unha campaña que, ademais dos abonos, leva vinculada unha achega económica, en formato de préstamo participativo, orientada exclusivamente a buscar un equilibrio nas contas do club que axude a garantir a sustentabilidade e o futuro a medio e longo prazo do mesmo.
Desde o Monbus Obradoiro somos plenamente conscientes de que o noso maior patrimonio é a afección e a cidade que representa o noso escudo. Porque, se algo demostrou este club durante toda a súa historia, é que só medra cando o fai unido á súa xente. Somos plenamente conscientes do esforzo que estamos a pedirlles aos nosos abonados. Non o fariamos se non fose absolutamente necesario.
Durante estas dúas últimas tempadas demostrastes un apoio incondicional ao equipo, permitíndonos manter un proxecto ambicioso, competitivo e preparado para loitar polo ascenso. Sempre intentamos responder a esa confianza con campañas de abonados accesibles, descontos que chegasen ao maior número de persoas e unha promoción de partido que permitise converter Sar na nosa Caldeira. Pero foron dúas tempadas de moito gasto, para poder facer proxectos deportivos preparados para pelexar polo ascenso, e de poucos ingresos, polas características e formato da competición.
Co obxectivo de compatibilizar a necesidade desta achega coa consideración que merecen os nosos abonados pola súa fidelidade e apoio sostido no tempo, a campaña fixa a configuración económica nos seguintes termos:
Deste xeito, como exemplo, unha achega de 200 euros suporá un desconto de 200 euros sobre o prezo do abono, mantendo ademais recoñecido ese importe como préstamo participativo conforme ás condicións publicadas e conservando as vantaxes asociadas a Obrad’ouro, como a reserva de asento e a camiseta especial de edición limitada.
O Monbus Obradoiro necesita seguir sentindo o respaldo da súa afección para consolidar un proxecto estable e competitivo na Liga Endesa. Estamos convencidos de que, unha vez máis, xuntos seremos capaces de afrontar este reto e seguir facendo medrar un club que pertence a toda unha cidade.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)