Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 junio, 2026
O encontro, aberto a empresas, profesionais e público xeral, celebrarase o vindeiro 3 de xullo na terraza da Raxería San Marcos.
O grupo empresarial BNI Stellae celebrará o vindeiro venres 3 de xullo, ás 20:00 horas, unha nova edición do seu evento «Pulpo & Rock», unha proposta que combina gastronomía, música en directo e networking nun ambiente distendido e pensado para fomentar novas relacións profesionais e persoais.
A cita terá lugar na terraza da Raxería San Marcos e estará aberta tanto a empresas e profesionais como ao público xeral. As persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación de polbo mentres gozan da actuación en directo do grupo Stonewolf, encargado de poñer a banda sonora a unha noite que busca converterse nun espazo de encontro e conexión.

Desde BNI Stellae convidan especialmente a persoas autónomas, emprendedoras, profesionais e empresas de todos os sectores a participar nesta iniciativa e coñecer de primeira man o funcionamento do grupo, baseado na colaboración, a confianza e a xeración de oportunidades de negocio entre os seus membros.
O prezo da entrada é de 25 euros por persoa. As reservas deberán formalizarse antes do 1 de xullo ás 23:59 horas, mediante pagamento por Bizum ao número 699 968 212, indicando no concepto «BNI Fest», ademais do nome e apelidos da persoa asistente.
Con esta iniciativa, BNI Stellae busca consolidar un evento que combine unha boa experiencia gastronómica e musical coa oportunidade de ampliar a rede de contactos nun ambiente próximo, dinámico e acolledor.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)