AD

Comarca

Vandalismo contra o Punto Limpo Móbil de Dodro

today27 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • Os feitos tiveron lugar esta fin de semana e deixaron danados os equipos de recollida

Dodro, 27 de xullo do 2026 – Unha vez máis o incivismo de algunha xente e o desprezo pola propiedade colectiva dana os servizos de todos. Esta fin de semana pasado tocoulle ao Punto Limpo Móbil do noso concello.

Os equipos de recollida foron literalmente apedrados deixando marcas visibles e danos de distinta consideración. Uns feitos que só teñen como finalidade o mal xa que non se saca rendemento, so se prexudica á veciñanza.

Desde o goberno municipal emprázase unha vez máis a todo o mundo a ter un mínimo de consideración polo que é de todos. Os feitos serán investigados e pídese a colaboración da veciñanza para atopar aos autores dos feitos.

Do mesmo xeito solicitamos a quen vexa actitudes de este tipo ou ataques contra o ben común que o denuncie para poder poñerlle coto a este tipo de actitudes incívicas que afectan aos bens do concello e aos seus veciños.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *