AD

Comarca

O BNG de Ames elixe como nova Responsable Local a Paula Castro

today31 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • A Asemblea Local, aprobou por unanimidade a candidatura de Paula Castro, nun acto no que se recoñeceu o traballo realizado polo ata o de agora Responsable, Alberto Ramos.

Ames, 31 de xullo de 2026. A xornalista Paula Castro, veciña de Ames desde hai 22 anos, é licenciada en Historia Contemporánea e en Ciencias de Información pola Universidade de Santiago e experta en Igualdade pola UNED. Logo de pasar por varios medios de comunicación, nomeadamente A Nosa Terra, na que traballou durante case unha década, actualmente desenvolve a súa actividade no Gabinete de Comunicación da Confederación Intersindical Galega (CIG).

Elixida por unanimidade pola asemblea local, Castro é militante do BNG desde hai preto de 30 anos, foi responsable do BNG da comarca de Santiago e membro do Consello Nacional en varias ocasións e formou parte das candidaturas do BNG de Ames en diferentes momentos.

Con longa experiencia política, a nova responsable local reforzará o labor da formación de cara ás eleccións municipais nas que a organización nacionalista se presenta co obxectivo de gobernar.

Neste sentido o BNG de Ames reafirma o seu compromiso coa veciñanza e pon á súa disposición un equipo sólido, cohesionado e con solvencia para a defensa dos intereses do concello,do que Alberto Ramos seguirá formando parte, tanto no Consello Local como no traballo diario.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *