AD

Destacado

O PP contrapón á “turismofobia” do BNG un modelo que converta o turismo nunha oportunidade para Santiago

today14 agosto, 2026

Fondo
share close
AD
  • Marta González denuncia que o Goberno de España chega tarde á preparación do Xacobeo 2027, “cunha Comisión Interadministrativa constituída a só catro meses do inicio do Ano Santo e despois de anos de presupostos prorrogados”.
  • Ante este evento, Tristana Moraleja reclámalle ao ministro Óscar Puente “un plan urxente de investimentos ante as carencias ferroviarias e viarias que afectan a Galicia e condicionan a súa conectividade”.
  • Adrián Villa critica que “o BNG recade 1,7 millóns coa taxa turística, mentres Santiago segue sufrindo carencias de limpeza, seguridade e información aos visitantes: Preguntámonos onde están eses cartos e en que se están empregando”.

Nunha intervención ante os medios de comunicación, hoxe, as deputadas nacionais do Partido Popular, Marta González e Tristana Moraleja, xunto ao noso concelleiro, Adrián Villa, fixeron un balance da colaboración do Goberno central coa capital de Galicia. Así Marta González puxo en valor o turismo como “unha oportunidade económica e social para Santiago e para Galicia” e defendeu a necesidade de apostar pola convivencia entre visitantes e residentes, fronte “á falta de planificación do Goberno de España e a política de turismofobia, opacidade e ausencia de servizos básicos do goberno de BNG e CA”.

Marta González denunciou a “desatención, deixadez e apatía” do Goberno de España na preparación do próximo Ano Santo e lembrou que o Executivo estatal continúa gobernando cuns Orzamentos Xerais do Estado prorrogados desde 2023, aprobados ademais na anterior lexislatura.

“Esta situación -explicou- impide unha planificación adecuada das necesidades económicas para obras públicas, infraestruturas, investigación ou servizos e, por suposto, dificulta tamén unha correcta planificación e apoio a un acontecemento de excepcional interese público como é o Xacobeo 2027”.

González cualificou de “inadmisible” que a Comisión Interadministrativa do Xacobeo 2027 se constitúa a só catro meses do inicio do Ano Santo, cando o Grupo Parlamentario Popular xa reclamara en novembro de 2024 que o Xacobeo fose declarado acontecemento de excepcional interese público.

“Primeiro vetaron a iniciativa do PP alegando unha suposta redución de ingresos, meses despois incorporaron o Xacobeo a ese réxime e agora, a catro meses de 2027, constitúen a comisión que debe canalizar a cooperación entre administracións e os incentivos fiscais”, agregou.

Para a deputada popular, “Galicia non pode seguir sendo vítima da falta de interese dun Goberno central que chega tarde ás cuestións fundamentais para a nosa comunidade mentres dispensa un trato moi diferente a outros territorios”.

Tristana Moraleja reclama a Óscar Puente infraestruturas para Galicia

Pola súa banda, Tristana Moraleja puxo o foco nas infraestruturas e denunciou “a falta de apoio e investimento” do Ministerio de Transportes que dirixe Óscar Puente, sobre todo, na provincia da Coruña e nas conexións fundamentais para Santiago.

Moraleja referiuse á situación do ferrocarril, marcada polas “continuas incidencias, atrasos e cancelacións que afectan diariamente aos usuarios”, e lembrou que o PP presentou varias iniciativas no Congreso reclamando ao Goberno de España “un plan urxente de mantenmeto e investimentos que garanta un servizo ferroviario fiable e de calidade para Galicia”.

“Non podemos permitir -subliñou- que os galegos paguen cada vez máis e reciban uns servizos públicos cada vez peores, cando utilizan o tren para traballar, estudar, acudir a unha consulta médica ou simplemente desprazarse”.

A deputada popular advertiu tamén da necesidade de completar a autovía Santiago-Lugo, coa finalización do tramo Arzúa-Melide, unha infraestrutura especialmente relevante porque permitirá separar definitivamente o tráfico pesado do trazado do Camiño Francés.

“A isto súmanse, agregou, os problemas de conectividade aérea de Santiago, a situación da estación ferroviaria, o previsto peche do seu aparcamento en setembro e as carencias detectadas en materia de seguridade tras o incendio das dependencias da Policía Nacional”.

“Estamos ás portas dun acontecemento internacional da dimensión do Xacobeo e Galicia necesita infraestruturas, conectividade e servizos á altura. Iso é o que lle reclamamos ao ministro Óscar Puente: planificación, investimentos e solucións”, afirmou.

“O BNG cobra a taxa turística, pero non presta os servizos”

O concelleiro do PP de Santiago Adrián Villa denunciou tamén que, fronte á aposta dos populares por un turismo “ordenado, sustentable e compatible coa calidade de vida dos santiagueses”, o goberno de BNG e CA “segue instalado na turismofobia e no sectarismo”.

Villa lembrou que Santiago é unha cidade referente do turismo e advertiu de que “o que ten que facer un goberno responsable é aproveitar esa fortaleza económica para prestar mellores servizos tanto aos que nos visitan como aos propios veciños”.

Neste sentido, criticou a “opacidade” coa que o goberno nacionalista decidiu o destino dos 1,7 millóns de euros recadados coa taxa turística, “sen consenso real co sector e sen destinalos a necesidades básicas que son perfectamente visibles nas rúas”. “Só hai que percorrer o casco histórico para atopar papeleiras desbordadas, colectores cheos, problemas de limpeza, falta de presenza de efectivos de seguridade e ausencia de información a pé de rúa que permita atender aos visitantes e distribuír os fluxos turísticos”, explicou.

Por iso, Villa preguntouse “onde están eses 1,7 millóns e por que non se utilizan para reforzar os servizos que necesitan tanto os visitantes como os santiagueses”.

“Fronte á turismofobia do BNG, nós defendemos un modelo no que o turismo sexa unha oportunidade, cunha estratexia clara e cunha convivencia real entre o sector, os visitantes e os veciños”, afirmou.

O edil popular concluíu asegurando que “Santiago necesita un cambio de rumbo e un goberno liderado por Borja Verea que volva prestar os servizos básicos, xestione con transparencia os recursos municipais e coloque de novo a Compostela no lugar que lle corresponde”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *