AD

Comarca

Rouban en Rois todo o cableado soterrado do alumeado público da senda peonil de Seira

today27 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

• Ramón Tojo denuncia os feitos na Garda Civil e pide unha maior vixilancia “porque veciñanza se sente indefensa”
• A senda peonil que chega ata Seria quedou a escuras despois de que os vándalos levaran todo o cable, que estaba soterrado

Rois. 27-8-2026. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, vén de reclamar maior presenza policial no municipio para evitar roubos como o que se detectou esta noite na parroquia de Seira. Os vándalos levaron todo o cableado de cobre do alumeado público que ilumina a senda peonil que vai dende a AC-301 ata Seira. “Os ladróns levantaron as arquetas, porque a instalación estaba soterrada, e roubaron todo”, asegura o rexedor.

Ramón Tojo e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cobas, visitaron a zona acompañados por operarios municipais para comprobar os danos producidos antes de presentar denuncia no cuartel da Garda Civil de Padrón. “A veciñanza séntese indefensa. Pedímoslle á Delegación do Goberno que incremente a vixilancia policial no rural para evitar situacións coma esta”, asegura o alcalde de Rois.

O roubo afecta a un tramo de aproximadamente un quilómetro de lonxitude na senda peonil que une a rotonda na AC-301 coa aldea de Seira, que se executou hai dous anos. As canalizacións para o alumeado público nesta zona estaban soterradas. Na madrugada do 27 de agosto persoas descoñecidas levantaron as arquetas que están na senda e roubaron todo o cable de cobre.

“Máis alá o prexuízo económico para o Concello, que estamos a cuantificar, o principal problema é a sensación de inseguridade que ten a veciñanza”, asegura Ramón Tojo, que lle pide á Delegación do Goberno en Galicia que incremente a vixilancia policial nun municipio rural como o de Rois.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *