AD

Actualidad

O Festival Agustín Magán cumpre 25 anos enchendo Santiago de teatro afeccionado

today3 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

O XXV Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán foi presentado hoxe en rolda de prensa pola presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón, o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. O ciclo desenvolverase desde o 5 de setembro ata o 4 de outubro, coa participación das compañías de teatro amador Disfunción Continua, Pena Furada, Abran Paso, Ditea, Escoitade, O Trasno, Carauta, Badius, Atrezo e Farándula Velutina. Como novidade, aos escenarios habituais do Salón Teatro, a Sala Magán do CSC de Santa Marta e o Teatro Principal, este ano incorpórase o Museo das Peregrinacións. Todas as representacións serán de balde.

Colaboración do Concello

Na rolda de prensa, o edil de Centros Socioculturais reiterou a vontade do Concello de manter a colaboración con Fegatea “que cumpre un papel fundamental na democratización da cultura e no achegamento do teatro a públicos moi diversos”. Xan Duro felicitou á entidade por estes 25 anos de festival, e agradeceu “o esforzo e a dedicación de todas as persoas que fan parte dos numerosos grupos de teatro afeccionado que temos en Galicia”. O edil lembrou que “Santiago sempre recoñeceu o teatro amador, e a mellor proba é que a sala do Centro Sociocultural de Santa Marta leva o nome de Agustín Magán”.

Ademais do departamento de Centros Socioculturais, o Concello colabora co Festival Agustín Magán a través da concellaría de Cultura, coa cesión do Teatro Principal onde se celebrarán as últimas representacións desta edición do certame.

Programación

O XXV Festival Agustín Magán comezará a próxima fin de semana no Salón Teatro con dúas propostas: o sábado 5 a compañía Disfunción Continua porá en escena “As nenas raras non van ao ceo”; e o domingo 6 de setembro será o turno de Pena Furada, con “Rosalía, a filla do mar”. Ambas representacións serán ás 20.00 horas.

O 19 de setembro, o festival trasládase áo Museo das Peregrinacións, con obras de pequeno formato a cargo de Abran Paso, Ditea, Escoitade e O Trasno, a `partir das 19.00 horas. A Sala Magán do CSC de Santa Marta tomará o relevo o 25 de setembro, coa obra “Moito ruido e poucas noces” de Carauta; e o día 26 con “O Parvo”, de Badius. Por último, o Teatro Principal acollerá a obra “Silencio!!” de Atrezo, o 3 de outubro; e “Mamá”, de Farándula Velutina, o 4 de outubro.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *