AD

Actualidad

O Bar O Encontro de Brión reparte máis de 15.500 euros no Euromillones

today3 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

O establecemento da avenida dos Ánxeles selou un dos dous boletos premiados en España coa Segunda Categoría no sorteo do 1 de setembro

A sorte volveu sorrir a Brión. O Café Bar O Encontro, situado na avenida dos Ánxeles, vendeu un dos dous boletos premiados en España coa Segunda Categoría do Euromillones no sorteo celebrado o pasado 1 de setembro.

O boleto agraciado recibirá un premio de 15.502,86 euros. Polo momento descoñécese a identidade da persoa afortunada, aínda que o propietario do establecemento, Óscar Esparís Agra, considera que podería tratarse dunha persoa da zona que participa habitualmente neste tipo de sorteos.

Non é a primeira vez que O Encontro reparte fortuna entre a súa clientela. En 2020, o establecemento xa selara un primeiro premio da Lotería Nacional e, ao longo dos seus case 30 anos de actividade, entregou tamén outros premios.

Este novo acerto volve situar O Encontro como un dos establecementos afortunados do municipio e deixa en Brión máis de 15.500 euros.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *