Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 enero, 2024
3 de xaneiro de 2024.- O Concello de Lousame organiza unha cita dobre cos Reis Magos para a cativada do municipio este venres 5 de xaneiro: recepción na Casa da Cultura pola mañá e festival no polideportivo municipal da Silva pola tarde. Dúas actividades de acceso libre e de balde, se ben no caso do Festival de Reis será preciso reservar entrada a través de www.bandoticket.com.
A primeira cita terá lugar de 10:30 a 14:00 horas na Casa da Cultura de Lousame. A recepción dos Reis Magos seguirá o mesmo procedemento de edicións anteriores: Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no escenario do auditorio e escoitarán/recollerán as cartas dos pequenos, aos que entregarán algunhas lambonadas.
Finalmente, de 17:00 a 20:00 horas, a comitiva real desprazarase ata o polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, onde terá lugar o tradicional Festival de Reis. Unha festa infantil con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para todas as persoas participantes. Inscricións de balde en www.bandoticket.com.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)