Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 septiembre, 2026
Organizada coa colaboración da Xunta de Galicia, a iniciativa reunirá a persoas, empresas e entidades comprometidas nunha experiencia solidaria na que a gastronomía será unha das grandes protagonistas da noite. Os asistentes poderán desfrutar dun amplo menú degustación elaborado con produtos galegos de calidade diferenciada, unha proposta que pon en valor os sabores da nosa terra mentres contribúe a loita contra o cancro.
A celebración coincide co mes de outubro, dedicado á sensibilización sobre o cancro de mama, e busca converterse nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desexen contribuír ao avance da investigación, a prevención e a atención integral ás persoas con cancro e ao seu entorno.
Os fondos recadados destinaranse a reforzar os servizos gratuítos que a Asociación presta a pacientes e familiares (atención psicolóxica, atención social, fisioterapia, nutrición, logopedia e acompañamento), así como a seguir impulsando a investigación oncolóxica. Na provincia da Coruña, a entidade mantén actualmente activos 38 proxectos e axudas de investigación, cun investimento superior aos 5,3 millóns de euros, sendo Santiago un dos grandes referentes da investigación en cancro en Galicia, sendo Santiago un dos grandes referentes da investigación en Galicia.
“Con esta noite solidaria queremos reunir á sociedade compostelá arredor dunha causa que nos afecta a todos. Cada entrada supón unha oportunidade para seguir acompañando a pacientes e familiares e continuar apoiando a investigación, fundamental para avanzar cara a un futuro con máis supervivencia e mellor calidade de vida fronte ao cancro”, sinala Xoán Concheiro, presidente da Xunta Local de Santiago da Asociación Española Contra o Cancro.
As entradas teñen un prezo de 55 euros e poden adquirirse na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela (Avda. de Barcelona, 29, baixo), así como nos establecementos colaboradores A Reixa Tenda, Matrioska (Rúa do Hórreo, 53) e Xoiería Jael (Rúa Xeneral Pardiñas, 7), e a través do seguinte formulario en liña. Ademais, as persoas que non poidan asistir e desexen colaborar coa iniciativa poderán facelo mediante unha fila 0 solidaria, realizando a súa achega a través da conta habilitada.
A Asociación anima a toda a cidadanía compostelá a sumarse a esta iniciativa e agradece a implicación da Xunta de Galicia e das entidades colaboradoras que fan posible a celebración desta noite solidaria.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)