AD

Actualidad

A alcaldesa de Santiago recibe a Klaus von Klitzing, Premio Nobel de Física 1985

today11 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

11/09/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Klaus von Klitzing, Premio Nobel de Física 1985, que visita a cidade no marco do Programa ConCiencia. O científico polaco compartiu uns minutos coa rexedora e asinou no Libro de Honra do Concello tras o saúdo dos membros da Corporación municipal.

Esta visita institucional iniciou o programa de actividades de Klaus von Klitzing en Compostela, que visita por primeira vez Santiago, no marco do Programa de divulgación científica ConCiencia, desenvolvido pola USC e o Consorcio de Santiago. O acto central da visita terán lugar mañá, 12 de setembro, cando Klaus von Klitzing impartirá a conferencia aberta ao público ‘A revolución cuántica en metroloxía’, ás 19:30 horas no Salón Nobre de Fonseca, un acto que contará coa participación da tenenta de alcaldesa, María Rozas.

Klaus von Klitzing

Klaus von Klitzing (Schroda, Polonia, 1943) licenciouse en Física na Universidade de Braunschweig e doutorouse na de Würzburg. Na súa etapa posdoutoral realizou períodos de investigación no Clarendon Laboratory de Oxford (Reino Unido) e no laboratorio de altos campos magnéticos do Instituto Max Planck, no complexo científico de Grenoble (Francia). Foi precisamente neste instituto onde tan só con 37 anos realizou o descubrimento do efecto Hall cuántico que o levou a conseguir o Premio Nobel tan só 5 anos despois, o que dá unha idea da conmoción creada pola súa contribución.

O seu traballo sustentouse sobre os adiantos que a física conseguiu na creación de sistemas de transporte eléctrico que se comportan como se existisen só en dúas dimensións no noso mundo tridimensional. Esa posibilidade fora albiscada teoricamente por J. R. Schrieffer en 1957 (Nobel de Física en 1972) e comezouse a conseguir na práctica a principios da década de 1970, na superficie que separa un material metálico dun semicondutor, abrindo as portas a un mundo inexplorado.

Cando unha corrente flúe nunha dirección por un material condutor tridimensional, ao aplicarlle perpendicularmente un campo magnético, os electróns son desviados fóra desa dirección, no coñecido como efecto Hall descuberto en 1879. A desviación aumenta de xeito continuo e proporcional coa intensidade do campo magnético aplicado; pero a mediados da década de 1970 empezouse a sospeitar que iso non sería así en dúas dimensións.

Nese contexto, von Klitzing deseñou en 1978 un experimento que amosaba que algo estraño ocorría; pero mantivo o segredo ata 1980, cando conseguiu confirmar a existencia do chamado ‘efecto Hall cuántico’: a desviación dos electróns xa non é continua co aumento do campo magnético, senón que se detén para certos intervalos de campo magnético, cunha evolución a saltos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%