AD

Actualidad

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia o peche de camas durante o verán

today25 junio, 2024

Background
share close
AD

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS quere chamar a atención sobre a estratexia habitual coa que o SERGAS afronta a falta de persoal durante o período de vacacións dos seus facultativos.

Entre o 16 de xullo e o 16 de setembro, bloquearanse na área sanitaria de Santiago-Barbanza un total de 112 camas nos Hospitais de Conxo e o Clínico, ás que hai que engadir as 70 camas pechadas no hospital Gil Casares, que leva meses en obras. Das 112, pecharanse 44 da unidade da planta 2ª dereita de medicina interna, trasladando os pacientes á unidade de traumatoloxía, que verá minguadas as camas dispoñibles, a pesar de ter, a 31/12/2023, unha lista de espera para unha intervención cirúrxica de 1485 persoas. En cirurxía xeral e dixestiva, que conta con 1555 persoas en lista de espera para ser intervidas, a máis avultada de todos os servizos da área sanitaria, bloquéanse 31 camas. Tamén se pecharán 6 en uroloxía, aínda que ten 723 pacientes en lista de espera e arrastra unha das máis altas demoras medias: 80 días.

Aínda que a medida leva o nome de «adecuación do aforo dispoñible», non parece ser adecuada para afrontar a demanda asistencial real, que non só non diminúe, senón que aumenta nesta época debido ao crecente número de visitantes na zona.

A Asociación entende que o persoal sanitario, que padece en carne propia as consecuencias de traballar en condicións de presión e estrés por falta de medios humanos e materiais adecuados, ten dereito a gozar do descanso anual recoñecido legalmente. Non obstante, non se pode estar de acordo en que os xestores sanitarios contrapoñan ese dereito ao dereito de atención nos tempos requeridos. A medida adoptada, que non contempla a contratación de persoal, traslada sobre as costas dos pacientes a política de racionamento, que terá como consecuencia inmediata un aumento na demora na atención, engadíndose ás importantes demoras xa existentes para unha intervención cirúrxica, consulta externa ou proba diagnóstica.

Dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS reclaman, polo tanto, unha auténtica adecuación ás necesidades asistenciais de poboadores e visitantes, que consista en cubrir as prazas do persoal durante as súas vacacións e non na paralización do sistema de saúde.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%