Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Baña.13-6-2024.- O Concello da Baña anuncia a apertura da piscina municipal de Agra de Chans para o próximo sábado 22 de xuño. A instalación estará operativa ata o 15 de setembro, brindando a veciñanza e visitantes a oportunidade de gozar das súas instalacións durante o verán.
A piscina abrirá de luns a venres cun horario especial: de 10:00 a 14:00 horas estará reservada para campamentos e cursos, mentres que de 15:00 a 21:00 horas estará dispoñible para o público en xeral. As fins de semana, a piscina abrirá ás 12:00 horas, mantendo o peche ás 21:00 horas. A partir de setembro, o horario de peche será ás 20:30 horas.
Canto ás tarifas, os menores de 14 anos poderán acceder de forma gratuíta. A entrada individual terá un custo de 2 euros. Ademais, existen varias opcións de bonos: o bono mensual custará 25 euros, o bono quincenal 15 euros e o bono familiar mensual terá un prezo de 45 euros. Para aqueles menores que desexen participar nos cursos de natación, o custo será de 30 euros, cunha duración de media hora ao día, de luns a venres.
As persoas interesadas en adquirir os abonos ou en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Deportes nas oficinas da casa consistorial ou chamar ao número de teléfono 981 886 501.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)