AD

Comarca

A campaña Bonos Padrón inicia a súa primeira edición con alta resposta do comercio local

today17 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

• Os establecementos poden inscribirse ata o 25 de novembro
• Os comercios, locais de hostalería e aloxamentos poden sumarse a través da web bonospadron.gal
• O material promocional xa está dispoñible na Oficina de Turismo

Padrón. 17-11-2025.- O Concello de Padrón mantén aberto o proceso de adhesión dos establecementos interesados en participar na primeira edición da campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas, unha iniciativa do goberno municipal destinada a incentivar as compras e o consumo nos negocios locais durante o mes de decembro.

Desde a posta en marcha do formulario de rexistro, a resposta do tecido comercial, de hostalería e hospedaxe está a ser moi positiva, con numerosos locais incorporados nas primeiras xornadas e múltiples consultas doutras empresas interesadas en participar. Esta acollida confirma o potencial da campaña como ferramenta de dinamización económica.

O prazo de adhesión permanece aberto ata o martes 25 de novembro a través da web bonospadron.gal, onde se poden consultar tamén as condicións e bases completas. Poden participar todos os negocios con actividade no municipio, agás supermercados, grandes superficies e venda ambulante.

Co obxectivo de reforzar a visibilidade da acción, o Concello pon á disposición dos locais participantes o material promocional oficial, xa dispoñible para a súa retirada na Oficina de Turismo. Inclúe carteis, distintivos e outros elementos identificativos.

Detalles da campaña

A iniciativa conta cun investimento de 20.000 euros de fondos propios do Concello, e contempla a distribución de 2.000 bonos de 10 euros, aplicables a compras iguais ou superiores a 20 euros realizadas entre o 1 e o 31 de decembro nos establecementos adheridos. A entrega dos bonos será presencial a partir do 1 de decembro, cun período inicial reservado ás persoas empadroadas en Padrón.

Os bonos deberán empregarse nun único establecemento e non se trocarán por efectivo. Nos casos de devolución, deberá emitirse un vale polo importe total da compra. Os negocios adheridos presentarán os bonos e os correspondentes tíckets entre o 1 e o 16 de xaneiro de 2026 para recibir o reembolso municipal.
O Concello anima a todo o tecido comercial a sumarse e aproveitar esta oportunidade de impulso económico, especialmente nun dos períodos de maior actividade do ano.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *