Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Estrada, 22 de maio de 2025.- O edil estradense de Novas Tecnoloxías do Concello da Estrada, Manuel Magariños, informou esta mañá de que o vindeiro martes, 27 de maio, está programado o apagado definitivo da central de cobre do casco urbano, completándose deste xeito o proceso de eliminación das antigas liñas de cobre do municipio, impulsado por Telefónica e autorizado pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC).
Magariños explicou que ao logo do ano 2024 xa se levaron a cabo os apagados das centralitas do rural, concretamente entre os meses de maio e outubro, afectando a diferentes parroquias e zonas dispersas. Ao longo deste tempo, as compañías foron actualizando progresivamente as liñas dos usuarios á fibra óptica ou outras tecnoloxías, polo que a incidencia prevista desta última fase será baixa.
Porén, dende o Concello recomendouse hoxe que os cidadáns verifiquen coa compañía que teñan contratada que a súa liña estará correctamente adaptada, aos efectos de evitar calquera posible interrupción do servizo que teñen contratado. Neste senso, as operadoras facilitaron unha serie de contactos para xestionar calquera dúbida ou migración pendente.
• R: 1449 / WhatsApp 604 02 97 77 / https://mundo-r.com/es/contacto
• Orange: 1470 / WhatsApp 653 85 00 85
• Jazztel: 1565 / WhatsApp 640 12 32 43
• Telefónica: 900 410 646, ou 1004
“Este apagado supón o peche dunha etapa na infraestrutura de telecomunicacións da vila. Afortunadamente, grazas ao traballo previo das operadoras, a maior parte das liñas xa foron adaptadas e non se agarda unha afectación relevante”, sinalou o concelleiro de Novas Tecnoloxías. Manuel Magariños engadiu que o Concello da Estrada continúa colaborando coa AMTEGA e a FEGAMP para garantir “unha transición dixital completa e ordenada, tanto no casco urbano como no rural”, sinalou.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)