Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 noviembre, 2025
No período 2017-2024, a Deputación investiu con este plan máis de 7,6 millóns neste municipio
A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García, visitou este xoves a obra recentemente finalizada para mellorar a ponte sobre o río Carboeiro, na Gándara
A deputada provincial de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García Rey, visitou este xoves Oroso para comprobar o resultado da nova ponte sobre o río Carboeiro. Esta actuación, rematada este mes de novembro, recibiu un financiamento de algo máis de 80.000 euros da Deputación da Coruña, ao abeiro do Plan Único.
A obra consistiu na substitución da antiga ponte por unha infraestrutura máis moderna, segura e adaptada ás necesidades actuais, mellorando a capacidade de paso, a drenaxe da contorna e a seguridade tanto de peóns como de vehículos agrícolas e residentes. Previamente, tivo lugar unha recepción no Concello de Oroso, tras a cal se desprazou ao lugar de Berdomás, na parroquia da Gándara, onde se executou esta intervención, «moi demandada pola veciñanza», explicou a deputada.
Máis de 1,4 millóns investidos este ano en Oroso
Durante a visita, Cristina García Rey destacou o papel decisivo do Plan Único como ferramenta estratéxica para garantir financiamento estable e autonomía municipal. No caso concreto de Oroso, no período 2017-2024 recibiu algo máis de 7,6 millóns do Plan Único e 1,4 no presente ano 2025. A deputada subliñou que este volume de recursos «demostra a forza do programa como instrumento clave» da Deputación, «un modelo que está permitindo modernizar infraestruturas, mellorar servizos e equilibrar o territorio». Lembrou que o obxectivo é asegurar que todos os concellos, independentemente do seu tamaño, «conten con recursos suficientes para planificar e executar obras prioritarias», e asegurou que o Plan Único é un modelo «recoñecido pola súa eficacia e pola súa estabilidade».
García Rey incidiu en que se trata dun sistema de financiamento «que non depende de ciclos políticos, senón dun compromiso claro coa igualdade territorial e co fortalecemento do municipalismo».
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)