Álex Doval: «Temos 2,75M€ adxudicados ou en licitación; é un récord para Oroso»
O alcalde repasou en Radio Líder Santiago os principais investimentos previstos no municipio, reclamou unha maior implicación da Deputación da Coruña e avanzou unha nova folla de ruta urbanística para «medrar en poboación e medrar con cabeza» O Concello de Oroso encara os próximos meses cun intenso calendario de obras e un volume de investimento que o alcalde, Álex Doval, cualifica de histórico. Durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, o rexedor cifrou en 2,75 millóns de euros as actuacións […]