AD

Actualidad

A empresa BeOne que xestiona o centro deportivo A Telleira lanza a iniciativa «Quilómetros Solidarios»

today19 diciembre, 2023

Background
share close
AD
  • O centro que acumule a maior cantidade de quilómetros ao finalizar a competición terá a oportunidade de doar 3.000 euros a unha ONG local.
  • No caso da instalación de A Telleira sería para a campaña Zocos e Trasnos, que organiza o Concello de Ames. As datas para correr serán do 19 ao 21 de decembro, ofrecendo aos participantes un período de tres días para contribuír cos seus quilómetros
  • A concelleira de deportes, Susana Señorís, valora moi positivamente esta campaña posta en marcha pola empresa BeOne na centro deportivo de A Telleira. “É un xeito moi positivo de xuntar solidariedade e deporte. Animo a todos os socias e socias da Telleira a que corran por esta boa causa e oxalá se poidan conseguir os 3.000 euros para a campaña solidaria Zocos e Trasnos”

Ames, 19 de decembro de 2023.- BeOne, a empresa que xestiona o Centro deportivo municipal de A Telleira, situado en Bertamiráns, vén de lanzar a iniciativa «Quilómetros Solidarios». Esta iniciativa forma parte do Plan Vive BeOne, que ao longo deste ano 2023 mobilizou a miles de socios e socias nas súas cinco actividades. O centro que acumule a maior cantidade de quilómetros ao finalizar a competición terá a oportunidade de doar 3.000 euros a unha ONG local. No caso da instalación de A Telleira sería para a campaña Zocos e Trasnos, que organiza o Concello de Ames. As datas para correr serán do 19 ao 21 de decembro.

O centro puxo a disposición dos usuarios unha cinta de correr solidaria, onde poderán acumular quilómetros que se sumarán ao total da súa instalación. BeOne estendeu esta iniciativa a nivel nacional, converténdoa nunha competición entre todos os centros do Grupo.

O centro que acumule a maior cantidade de quilómetros ao finalizar a competición terá a oportunidade de doar 3.000 euros a unha ONG local. No caso da instalación de A Telleira sería para a campaña Zocos e Trasnos, que organiza o Concello de Ames. As datas para correr serán do 19 ao 21 de decembro, ofrecendo aos participantes un período de tres días para contribuír cos seus quilómetros.

A concelleira de deportes, Susana Señorís, valora moi positivamente esta campaña posta en marcha pola empresa BeOne na centro deportivo de A Telleira. “É un xeito moi positivo de xuntar solidariedade e deporte. Animo a todos os socias e socias da Telleira a que corran por esta boa causa e oxalá se poidan conseguir os 3.000 euros para a campaña solidaria Zocos e Trasnos, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal”.

«Quilómetros Solidarios» alíñase cos principios fundamentais do Plan Vive BeOne, que busca promover un estilo de vida activo, saudable e solidario entre os seus socios. Esta actividade representa a última fase do plan anual, consolidando o compromiso de BeOne co benestar integral dos seus socios e o benestar social.

Dende a empresa BeOne destacan que desde o lanzamento do Plan Vive BeOne a principios de 2023, a resposta dos socios/as foi impresionante, mobilizando a miles de persoas en diversas actividades deseñadas para mellorar a saúde física e mental. «Quilómetros Solidarios» reflicte o compromiso continuo de BeOne na promoción da saúde e a solidariedade.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%