AD

Comarca

A Estrada abre un novo prazo para cubrir dez prazas vacantes nos Campamentos do Mar

today23 julio, 2025

Fondo
share close
AD

A Estrada, 23 de xullo de 2025.- O departamento municipal de Servizos Sociais anunciou hoxe a apertura dun prazo extraordinario de inscrición para cubrir as 10 prazas que  quedaron vacantes nos Campamentos do Mar, que este ano se desenvolverán no Campamento Xuvenil A Devesa, en Ribadeo, do 26 de agosto ao 4 de setembro.

A edil Amalia Goldar explicou hoxe que aínda se permitirá a novos campistas anotarse entre o luns 28 de xullo e o 4 de agosto. As prazas están reservadas para asistentes de entre 8 e 16 anos.

Para os participantes que están censados no Concello da Estrada, a administración local subvenciona directamente o 50% do custe xeral da praza, de xeito que os campistas estradenses pagarán 120 euros no canto dos 240 que terán que pagar os asistentes que non estean empadroados. Sobre a contía xa reducida haberá bonificacións engadidas. Deste xeito, familias numerosas e monoparentais pagarán 84 euros. No primeiro caso, o terceiro irmán tería praza gratuíta cando participen os tres na actividade. Tamén hai bonificacións por irmán: o primeiro pagaría 120 euros e o segundo, 84.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou, no seu defecto, no Rexistro Xeral ou dependencias de Servizos Sociais, en horario de 09.00 a 14.00.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *