Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 octubre, 2025
A Estrada, 8 de outubro de 2025- A Federación Galega de Balonmán iniciou hoxe a montaxe das gradas e pistas para que a A Estrada se converta, dende este venres e ata o domingo, na cuarta sede da Copa 5×5 Balonmán na Rúa, organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a citada federación. O evento inclúe á Estrada xunto con Vigo, Redondela e A Cañiza.
A cita desenvolverase na Praza da Constitución, aos pés do consistorio estradense, e está aberta á participación de equipos (de entre 5 e 8 xogadores) das categorías benxamín (anos 2016, 2017 e 2018) e alevín (2014 e 2015). Todos eles recibirán unha equipación por participar. Deberán acudir cunha persoa responsable maior de 16 anos.
O venres a competición desenvolverase de 16.00 a 20.00 horas. O sábado será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, mentres que o domingo o horario será de 10.00 a 14.00, momento este último no que se fará a entrega de premios.
“É unha gran oportunidade para darlle visibilidade ao balonmán, sacando este deporte dos pavillóns, para achegalo a todos os públicos na rúa, montando unha gran festa lúdica e deportiva”, dixo o edil de Deportes, Ismael Pena. “Agardamos que este evento nos dea ese empuxón definitivo para asentar o balonmán na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e, para iso, que mellor escaparate que ubicalo na Praza da Constitución, no centro da vila”, declarou.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)