AD

Comarca

A Estrada penaliza á empresa da Festa do Maior por «incumprimento defectuoso»

today26 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • A intención do executivo é aplicar “as máximas penalidades que permite a lei”
  • Notificarase a decisión á concesionaria deste servizo para cumprir coa quenda de alegacións

A Estrada, 26 de maio de 2025.- O executivo estradense resolveu hoxe en Xunta de Goberno Local a imposición de penalidades á empresa que serviu a Festa do Maior o pasado mes de marzo por “cumprimento defectuoso” do contrato de servizo. Ao remate da sesión, o alcalde, Gonzalo Louzao Dono, sinalou que o acordo non vén máis que a confirmar a intención anunciada xa no mesmo momento en que se produciron incidencias no transcurso do referido almorzo. Nese intre, os departamentos municipais de Secretaría e Intervención iniciaron estudos tendentes a repercutir o incumprimento
por parte das firma que gañara o concurso público, logo de que o menú non fora suficiente para atender a preto de 50 das  persoas congregadas e fose preciso buscar comida a outro establecemento.

Gonzalo Louzao indicou que se aplicarán “as máximas penalidades que permite a lei”. Sinalou que se lle notificará a decisión á empresa e, seguidamente, se abrirá un prazopara a presentación das alegacións que estime convenientes.

No seu momento, dende o goberno local recoñeceuse que o da Festa do Maior foi un “contrato suculento” que atraeu a máis empresas das habituais no proceso de licitación. Asumiuse que a firma que resultou adxudicataria non incorreu en baixa temeraria e gañou o concurso cunha diferenza de só 50 céntimos por menú con respecto á seguinte licitante, que resultou ser unha empresa estradense.

“Non cumpriu e xa o dixemos dende o primeiro momento que tomaríamos medidas”, manifestou o rexedor. “Os contratos están para cumprilos e, senón, existe un réxime sancionar”, concluíu o alcalde.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *