AD

Comarca

A Estrada planta cara ao incivismo: multas de ata 600 € por deixar o lixo fóra dos contedores

today21 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Son conflitivas en puntos como A Baiuca ou na entrada o aparcamento público da Avenida de América e viñéronse detectando tras a reorganización dos contedores no casco urbano.
  • O Concello reforzará as illas de Avenida de Santiago, Rúa Gradín e a carón da Praza da Inmaculada.

A Estrada, 21 de novembro de 2025.- A Policía Local da Estrada activará unha vixilancia específica pare evitar que se depositen bolsas de lixo na rúa, unha actitude incívica que nas últimas semanas se veu repetindo nalgúns puntos do casco urbano e que coincide no tempo co cambio de localización de varias illas de contedores.

Dende a Xefatura da Policía Local lembrouse que depositar lixo fóra dos lugares establecidos ao efecto constitúe unha infracción recollida no Regulamento de Protección do Medio Ambiente, de Limpeza Pública e de Recollida de lixo no Concello da Estrada, de xeito que, ante este tipo de incivismo, os axentes municipais poden actuar realizando un apercibimento ou a través da imposición de sancións cifradas en 90 euros.

Engádese que perante estes depósitos tamén ten cabida a aplicación da normativa autonómica, concretamente da Lei 6/2021 de Residuos e Solos Contaminados de Galicia, texto no que se contemplan xa sancións que pode chegar aos 600 euros.

Nos últimos días xa houbo unha persoa que recibiu un apercibimento por depositar bolsas de lixo na rúa, un comportamento que algúns cidadáns fixeron coincidir cos lugares concretos onde antes estaban os contedores que foron trasladados.

Neste senso, sinálase que dous dos puntos máis conflitivos están sendo a zona de A Baiuca ou no acceso ao estacionamento público da Avenida de América, tanto por reincidencia como pola cantidade de bolsas de lixo acumuladas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *