AD

Comarca

A Estrada reforma o deteriorado firme de beirarrúas que dan acceso a garaxes en 15 puntos da vila

today18 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O peso e paso constante de vehículos fai que o pavimento presente alteracións.
  • Nestas zonas estanse substituíndo as baldosas por formigón con fibra, para evitar que rache.

A Estrada, 18 de setembro de 2025.- O Concello da Estrada vén de emprender, cos medios humanos e materiais da brigada municipal de Obras, a reforma do firme de varias beirarrúas que se atravesan para facilitar o acceso a garaxes nunha quincena de puntos do casco urbano, unha intervención que o departamento de Servizos Municipais, que coordina o edil Óscar Durán, entende prioritaria para atallar o deterioro que experimentan estes firmes.

“Os coches pesan cada vez máis e o tránsito sobre estas baldosas é continuo. Por tanto, non é de estrañar que nestes puntos as beirarrúas experimenten desperfectos que temos que corrixir”, apuntou Durán. Sinalou de seguido que se xa se emprenderon obras en puntos como a Rúa San Antón, con obras en tres emprazamentos.

Avanzou o edil que as brigadas municipais de Obras teñen programadas diversas intervencións ao longo da Avenida Benito Vigo, incidindo en zonas nas que o tránsito é meirande, caso do acceso á área de estacionamento do supermercado Froiz ou nas proximidades da Casa da Música.

Como queda avanzado, están xa previstas unhas 15 reparacións, seguindo o modelo de actuación que xa comenzou a aplicarse: substitución das baldosas por formigón con fibra para evitar que o firme rache.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *