Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Estrada, 22 de maio de 2025.- O Concello da Estrada, en colaboración con Atletismo A Estrada, ten xa moi avanzada a organización dunha nova edición -a duodécima- da carreira popular Estranoite, tamén coñecida como a Nocturna Estradense. O evento marca, tradicionalmente, o inicio das festas patronais de San Paio, enchendo as rúas do casco urbano de animación.
Como o seu propio nome indica, a proba desenvólvese de noite, conferíndolle un atractivo maior a esta saudable práctica deportiva, por un circuíto completamente urbano de asfalto. O percorrido é de 4 quilómetros, se ben a proba absoluta completará unha distancia de 8, tendo os participantes que dar dúas voltas ao mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
O departamento municipal de Deportes abrirá as inscricións para a Nocturna dende mañá venres, 23 de maio, manténdoa ata o mércores día 19 de xuño. Pecharase ás 23:59 horas. A única forma de inscribirse é a través da web http://www.emesports.es (única forma de inscrición).
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)