AD

Actualidad

A mellor hamburguesa de España faise na Estrada: «Terémola na carta todo ano»

today14 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Old School 1980, a hamburguesa realizada por Argentinos Burger en A Estrada, gañou o premio á mellor hamburguesa de España na guía Best Burger Spain entre 350 propostas de todo o País.

A hamburguesa destaca pola súa revisión dos clásicos, centrada na sencillez e no sabor. Feita con dous discos de carne, queixo moi fundido, leituga e relish de tomate, servidos nun pan brioche elaborado no propio restaurante e acompañado dunha intensa salsa de bacon.

Este xoves participaba en Radio Líder Santiago Mónica Couceiro, encargada da cociña de este popular establecemento que conta con 44 anos de historia. Asegura que dende que trascendeu a deliberación do premio teñen un repunte de comensais que non dubidan en achegarse ata este local estradense para degustar a mellor hamburgesa de España.

Pero o certo é que a expectación xa xurdiu incluso tras coñercerse a súa participación no concurso, por terceiro ano consecutivo, xa fijo que tiveran unha boa acollida por parte do público, «chegamos a servir máis de 1000 hamburguesas durante o mes do concurso».

A cociñeira recomenda pedir cita previa para acudir ao restaurante ante a alta demanda. Ademais lembra que manterán na carta a hamburguesa gañadora durante todo o ano.

A competición tivo lugar no MEGA, o Museo de Estrella Galicia en A Coruña, onde esta hamburguesa e as outras finalistas foron probadas nunha cata a cegas. O xurado tamén destacou outras dúas hamburguesas de establecementos de Ourense como as segundas e terceiras mellores de Galicia.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%