AD

Actualidad

A praza de Chavián acolle este sábado a final do concurso Baila con Ames

today28 agosto, 2024

Fondo
share close
AD

Este sábado, 31 de agosto, a pista de deportes da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a fase final da primeira edición do concurso “Baila con Ames” a partir das 19:00 horas

Competirán 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos

Repartiranse 2.500 euros en premios

Ames, 28 de agosto de 2024.– Este sábado, 31 de agosto, a pista de deportes da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a fase final da primeira edición do concurso “Baila con Ames” a partir das 19:00 horas. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, durante a fase de selección o xurado decidiu que todos os/as participantes pasaran á final. Deste xeito, na fase final do concurso competirán 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos.  Entre os e as gañadoras repartiranse 2.500 euros en premios.

As persoas seleccionadas polo xurado (grupos, dúos ou individual) interpretarán un baile por participante. Os participantes, previa comunicación, poderán interpretar os temas de maior duración. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas e, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo. Como segunda opción, será a organización a que decida o tema coincidente entre os concursantes afectados. Nesta fase o ditarase o fallo do xurado cos premiados, que será inapelable.

O Baila con Ames é un concurso organizado pola Concellaría de Promoción Económica en colaboración coas asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. A primeira edición do certame botou a andar o pasado 21 de xuño coa xornada de preselección nas que participaron 65 persoas de Ames e doutros concellos.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, valora de xeito moi positivo a acollida que tivo a primeira edición do concurso Baila con Ames: “Este é un concurso que xa tíñamos pensado poñer en marcha dende hai dous anos, para darlle continuidade ao concurso Canta con Ames que xa levamos celebrando dende 2021. Hai moita xente en Ames e na súa contorna que lles gusta bailar, o que atraeu a moitas persoas ao noso concello para participar neste concurso”.

Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, o xurado decidiu que todos os/as participantes pasan á final. Deste xeito, a fase de preselección celebrada o 21 de xuño serviu de presentación das actuacións ante o xurado. Unhas 500 persoas acudiron de público e estiveron nas gradas das pistas deportivas do Milladoiro vendo os distintos espectáculos. Polo tanto, pasaron á fase final 9 participantes na categoría individual ou parella (5 persoas na categoría individual e 4 parellas) e 9 grupos (3 grupos de 3 persoas, 1 grupo de 4 persoas, 2 grupos de 5 persoas, 1 grupo de 8 persoas, 1 grupo de 9 persoas e 1 grupo de 12 persoas).

Na final, que se vai desenvolver este domingo 3 de agosto ás 19:00 horas, os finalistas terán que interpretar un baile por participante, sen repetir temas entre eles. O xurado escollerá despois un gañador ou gañadora por categoría. Este ano o xurado do concurso está composto por tres profesionais do mundo do baile: Daniela Filloy Posada, Magaly Balsa Vilas e María Iglesias Bermúdez.

Premios

Nesta primeira edición, os premios son:

  • Categoría individual/dúo: 1.000 euros para o gañador/a.
  • Categoría grupos: 1. 500 euros para os gañadores/as.

O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, as persoas gañadoras outorgaráselle un único trofeo en recoñecemento da súa participación, unha única cesta saudable, un único vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso e a posibilidade de bailar nas Prebadaladas de Ames 2024.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%