Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 septiembre, 2026
O cociñeiro José Manuel Mallón ofrecerá unha degustación gratuíta de pratos elaborados con produtos locais de Brión e da contorna ás 13:00 e Xearte Brigitte protagonizará outra de xeados artesanais ás 17:30
18 de setembro de 2026.- Todo listo en Brión para celebrar este domingo 20 de setembro unha nova edición da Feira Labrega. A praza das polbeiras, a carón da carballeira de Santa Minia un total de 20 postos de emprendedores de Brión e da contorna que exporán e venderán produto fresco (hortalizas, froitas de tempada…) e elaborado (conservas, queixos, repostería artesanal, elaboracións caseiras, filloas, rosquillas, castañas asadas…), artesanía, xabóns naturais, libros, artigos de segunda man…
Estes vinte postos inscritos estarán operativos entre as 11:00 e as 20:00 horas, cun programa paralelo de obradoiros para a rapazada e degustacións para as persoas adultas. Ademais, durante toda a tarde contarán co acompañamento musical das Escolas de Música e Bailte Tradicional do Concello de Brión.
A Feira Labrega está organizada polo Concello de Brión e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Unión Europea, Xacobeo 2027, GDR Terras de Compostela, Xeodestino Terras de Santiago, Fundación Daniel & Nina Carasso e da asociación Daquídarredor.
Degustacións e obradoiros
Ás 11:30 horas haberá obradoiros gratuítos para a rapazada, onde aprenderán a elaborar pratos con produtos locais de Brión e da contorna. Eses mesmos produtos serán a base da degustación gratuíta dirixida polo cociñeiro José Manuel Mallón e que terá lugar ás 13:00 horas. Unha degustación na que preparará cinco elaboracións diferentes: ensalada de pataca con pepino encurtido e mexillón de Galicia; filloa rechea de queixo con peixe encurtido e marmelada de mazá; brioche de roastbeef de tenreira con tomate confitado e remolacha con mostaza; tarta de queixo ao forno, cabeza e marmelada de arandos; e xeados artesáns elaborados con cremas de laranxa, limón e mazá procedentes das cociñas colaborativas do coworking de Brión.
Ás 17:30 horas haberá unha segunda degustación, nesta ocasión a cargo de Xearte Brigitte, que fará unha cata de xeados elaborados con produtos transformados no coworking “Transformando en Brión”.
Guarina Rey, concelleira de Promoción Económica de Brión e presidenta do GDR Terras de Compostela, salienta que “o obxectivo desta feira é poñer en valor o noso sector primario, promovendo a venda de produtos locais e sostibles, á vez que lle damos unha maior visibilidade ao noso coworking, xa que moitos dos produtos que se poderán mercar e degustar nesta feira o domingo teñen a súa orixe nas cociñas colaborativas do Concello de Brión”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)