AD

Comarca

A Xunta entrega a proposta de reparto de novas fincas a propietarios da parcelaria de Gonzar

today19 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

• Máis de 200 persoas asistiron hoxe a reunión que se celebrou no auditorio da casa de cultura
• Dende mañá estarán expostos os planos no local social de Gonzar e na páxina web da Consellería do Medio Rural
• Medio Rural fixo a distribución das novas fincas en base ás peticións formuladas polas veciñanza o ano pasado
• A concentración afecta a máis de 500 propietarios e a superficie media das fincas pasa de 1.000 a 10.000 metros cadrados

O Pino. 19-2-2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, presidiu esta mañá a reunión convocada pola delegación provincial de Infraestruturas Agrarias para entregarlle a proposta de adxudicación de novas fincas a propietarios da parcelaria de Gonzar II. Esta concentración afecta a máis de 500 propietarios que entregaron 7.750 parcelas que agora se quedan reducidas a 762 fincas novas, o que permite incrementar a superficie media de cada parcela de 1.000 a 10.000 metros cadrados

Segundo explicou a xefa do servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería de Medio Rural, Belén Mosquera, a Xunta utilizou como base as peticións realizadas o ano pasado polos propietarios (nas que expresaban que predios lles gustaría recibir) para facer esta proposta inicial de reparto de novas parcelas.

A partir de agora, e despois de analizar a ficha correspondente coa proposta que fai a Xunta, propietarios e propietarias das parcelaria de Gonzar II poderán presentar alegacións se non están conformes con esta distribución inicial. Dende mañá, 20 de febreiro, os planos da parcelaria de Gonzar, coa distribución das fincas e o plan de cultivos, poderán consultarse no local social da parroquia e tamén na páxina web da Consellería do Medio Rural (neste enlace).

O alcalde explicou que, se todo vai ben, o acordo de concentración podería presentarse a finais deste ano.

Máis de 200 persoas asistiron esta mañá a reunión informativa celebrada no auditorio da casa de cultura de Arca. Alí, técnicos da Xunta entregáronlle as fichas aos propietarios e facilitaron algúns datos xenéricos desta concentración parcelaria, que afecta a máis de 500 propietarios, que aportaron 7.750 parcelas. A concentración reduce o número de parcelas ata 762 fincas novas (polo que se incrementa a superficie media das parcelas, que pasa de1.000 metros cadrados a 10.000 de media que teñen as novas parcelas).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *