Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 octubre, 2025
O presidente de XEA, Ramón Cordido, dixo “este recoñecemento é o resultado do traballo conxunto de moitos empresarios e empresarias de Ames que cren nun modelo de comercio próximo, sostible e competitivo”. Ademais, apuntou que “se consigue así un obxectivo que vén xa da anterior directiva que segue traballando man a man coa actual. Só unidos os pequenos nos volvemos grandes”, finalizou dicindo Cordido
O alcalde de Ames, Blas García, salientou o “papel fundamental de XEA na dinamización económica do municipio e na creación de comunidade arredor do pequeno comercio, sendo os autónomos os que fan en parte que isto sega adiante”. García tamén fixo fincapé “na importancia da política construtiva para chegar a acordos beneficiosos para a veciñanza”
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, destacou o compromiso da Xunta de Galicia co impulso dos Centro Comercial Aberto, agradeceu o traballo das asociacións como XEA, que se suma agora aos máis de 50 centros comerciais abertos galegos; agradecendo o impulso e apuntou que desde Comercio e Consumo farán foco especial na formación das xerencias dos centros porque son parte esencial para a súa boa práctica
Ames, 8 de outubro de 2025.- A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este pasado martes, 7 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o acto de presentación do seu recoñecemento oficial como Centro Comercial Aberto (CCA), unha distinción outorgada pola Xunta de Galicia, que acredita a consolidación da entidade como motor de dinamización comercial e social do municipio.
O evento contou coa presenza do presidente da XEA, Ramón Cordido, do alcalde de Ames, Blas García, e do director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, que interviron durante o acto destacando a importancia deste recoñecemento para o tecido económico e comercial local.
Durante o acto, subliñouse que a obtención do selo de Centro Comercial Aberto supón un paso adiante na profesionalización e modernización do comercio amesán, reforzando a cooperación entre establecementos e ofrecendo novas oportunidades de promoción e crecemento.
Segundo explicou o presidente de XEA, Ramón Cordido, este recoñecemento “é o resultado do traballo conxunto de moitos empresarios e empresarias de Ames que cren nun modelo de comercio próximo, sostible e competitivo”. Ademais, apuntou que “se consigue así un obxectivo que vén xa da anterior directiva que segue traballando man a man coa actual. Só unidos os pequenos nos volvemos grandes”, finalizou dicindo Cordido.
Pola súa parte, o alcalde de Ames, Blas García, salientou o “papel fundamental de XEA na dinamización económica do municipio e na creación de comunidade arredor do pequeno comercio, sendo os autónomos os que fan en parte que isto sega adiante”. García tamén fixo fincapé “na importancia da política construtiva para chegar a acordos beneficiosos para a veciñanza”.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, destacou o compromiso da Xunta de Galicia co impulso dos Centro Comercial Aberto, agradeceu o traballo das asociacións como XEA, que se suma agora aos máis de 50 centros comerciais abertos galegos; agradecendo o impulso e apuntou que desde Comercio e Consumo farán foco especial na formación das xerencias dos centros porque son parte esencial para a súa boa práctica.
Nesa liña, o director xeral puxo de relevo iniciativas da Xuntanza de Empresarios de Ames e do CCA Xeames como os Bonos Xeames que veñen de lanzar para impulsar as compras no comercio amesán ao longo deste mes de outubro. Animou ás entidades a seguir por este camiño co gallo de seguir dinamizando o tecido comercial como clave para a consolidación da actividade económica e o emprego na contorna, así como para a vertebración do territorio.
Impulso da dixitalización e mellora da imaxe urbana
O recoñecemento como Centro Comercial Aberto (CCA) permitirá a XEA acceder a liñas específicas de apoio e subvencións da Xunta de Galicia, ademais de fortalecer a súa imaxe como referente do comercio local. Isto inclúe iniciativas de dixitalización, mellora da imaxe urbana, promoción conxunta e formación para os negocios asociados.
O acto rematou cun momento distendido con petiscos e música a cargo de Soundweaver, simbolizando o espírito de colaboración e celebración que caracteriza á XEA.
Bonos Xeames
Cómpre lembrar que a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, lanza unha nova edición dos Bonos Xeames para impulsar as compras no comercio local. Esta campaña repartirá en total 200 bonos Xeames para gastar nos comercios adheridos a XEA e estarán á venda ata o vindeiro 15 de outubro.
Os bonos teñen un valor de 50 euros, dos cales o usuario pagará 40 euros e XEA agasallará os 10 euros restantes. A validez destas tarxetas será ata o 31 de outubro e poderán adquirirse na oficina de XEA, localizada na rúa do Pedregal, número 4, en Bertamiráns, de luns a venres en horario de mañá 9.30 a 13.30 horas; e luns, mércores e xoves tamén pola tarde en horario de 17.00 a 19.30 horas. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 641 116 005.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)