AD

Comarca

Abalde: «As Feiras de Abril son un lugar de encontro e de dinamización económica e social»

today4 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • “As Feiras de Abril son un exemplo do dinamismo do rural galego e da importancia de preservar e promover as nosas tradicións como motor de desenvolvemento local”, declarou o subdelegado, Julio Abalde.
  • O evento reúne artesanía, gando, gastronomía e actividades culturais nun ambiente familiar. A cita consolídase como un referente no calendario local e comarcal.

Val do Dubra, 4 de abril de 2026. O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, participou esta mañá na inauguración dunha nova edición das Feiras de Abril en Val do Dubra, acompañado polo alcalde, Diego Díaz, na carpa do Mercado de Artesanía e comercio local, situada en Bembibre.

Durante a xornada inaugural déronse cita expositores locais, artesáns e sectores vinculados ao gando e á agricultura, nun evento que combina tradición, divulgación e lecer e que cada ano atrae a numerosos visitantes. As feiras, que comezaron hoxe, prolongaranse ata o vindeiro luns, consolidándose como un dos eventos máis agardados da contorna.

O subdelegado destacou o valor destas iniciativas para poñer en valor o patrimonio rural, así como o seu papel na dinamización económica e social do territorio, favorecendo o encontro entre produtores, veciñanza e visitantes. “As Feiras de Abril son un exemplo do dinamismo do rural galego e da importancia de preservar e promover as nosas tradicións como motor de desenvolvemento local”, declarou Julio Abalde.

As Feiras de Abril contan cunha ampla oferta que inclúe mercado de artesanía, exposición de gando, demostracións tradicionais, talleres e propostas musicais, convertendo Val do Dubra nun punto de encontro familiar arredor da cultura e das tradicións do rural galego.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *