AD

Destacado

Aberto o prazo de inscrición para a segunda edición de Fala que Fala

today30 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Os centros educativos galegos con alumnado da ESO poderán inscribirse ata o 9 de outubro para optar a participar nun proxecto que une radio, redes sociais e dinamización da lingua.

Tras o éxito da súa primeira edición, o proxecto educativo Fala que Fala, promovido por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, regresa co curso 2025-2026 cunha proposta renovada que aposta pola innovación e o aumento da participación.

A iniciativa, dirixida ao alumnado da ESO (de 1º a 4º), combina radio escolar, redes sociais e dinamización lingüística como ferramentas para achegar a lingua galega á mocidade dun xeito creativo, moderno e participativo.

Inscricións abertas ata o 9 de outubro

Os centros interesados en participar deben enviar un correo electrónico a direccion@radiolidersantiago.com.

O 10 de outubro farase público o resultado do sorteo que seleccionará os 8 centros participantes nesta edición. O primeiro programa emitirase en directo a mediados de novembro, e a gala de clausura celebrarase a finais de maio de 2026 na Cidade da Cultura de Galicia.

Cada programa de radio terá dúas horas de duración e será emitido desde un centro educativo, con entrevistas, dinámicas e contido elaborado polo propio alumnado. Ademais, os estudantes crearán vídeos, stories e outros materiais para difundir o seu traballo nas contas oficiais do proxecto en Instagram, Facebook, X e TikTok.

Valentín García, secretario xeral da Lingua, destacou que “Fala que Fala é un programa dun tremendo éxito nos nosos centros educativos que anima a falar á nosa xente máis nova. Promove a lingua galega por medio da radio e das redes sociais que usa a mocidade.”

Pola súa parte, María Coutinho, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, subliñou que “Queremos que o alumnado da ESO se sinta protagonista falando en galego, tanto nos programas de radio como nas redes sociais, a través de reels, stories e contido atractivo que contribúa a gañar terreo para o galego no mundo dixital.”

Finalmente, Álvaro Veiga, director de Radio Líder Santiago, engadiu que “esta iniciativa xurdiu da necesidade que temos como medio local de miscuírmonos no sistema educativo para poñer en valor a nosa lingua. É emocionante ver como a rapazada participa, crea contido e fala con orgullo en galego.”

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *