Rianxo impulsa case 800.000 € en obras de mellora dos servizos municipais en varias parroquias
O Concello de Rianxo vén de sacar a licitación dúas novas actuacións destinadas á mellora das redes de abastecemento e saneamento no municipio, cun investimento conxunto de máis de 285.000 euros. En concreto, unha das obras corresponde á ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre (Asados), cun orzamento de 194.386,50 euros, mentres que a segunda actuación permitirá a ampliación da rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro (Taragoña), cun investimento de 90.713,70 euros. Estas intervencións súmanse […]