Rianxo celebra o 1 e 2 de agosto a XV Festa do Mexillón
Rianxo converterase os próximos 1 e 2 de agosto no punto de encontro para as persoas amantes da gastronomía e das tradicións mariñeiras coa celebración da XV Festa do Mexillón, unha cita xa consolidada no calendario festivo do verán galego. Durante as dúas xornadas, veciñanza e visitantes poderán degustar diferentes elaboracións de mexillón a prezos populares, poñendo en valor un dos produtos máis representativos das rías galegas e un símbolo da tradición mariñeira de Rianxo. A festa constitúe unha excelente […]