Efa Piñeiral acolle unha xornada sobre a venda online do produto agroalimentario
Celebráronse en Arzúa a xornada “As estratexias de márketing dixital para o sector agroalimentario” promovida pola Fundación Juana de Vega e o centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral. Nas instalacións do centro educativo estudantes de márketing e publicidade así como produtores e profesionais do eido agroalimentario puideron coñecer as claves da venda online grazas ás intervencións de Beatriz Ventosinos (CEO de Ahao Studio), Pablo Borrás (CEO de 2bedigital), Fernando Mosquera (responsable de performance en Esterea) e Pablo […]