A Policía Local impide unha macroconcentración de coches no Polígono da Sionlla
A Policía Local de Santiago de Compostela evitou na noite do venres 10 ao sábado 11 de outubro unha macroconcentración de vehículos no Polígono Industrial da Sionlla, desconvocando un encontro que fora anunciado a través das redes sociais e que ameazaba con reunir a un gran número de condutores e curiosos. Ante a previsión dunha asistencia masiva e posibles incidentes, o corpo municipal puxo en marcha un amplo dispositivo de control que incluíu o peche ao tráfico de varias rúas […]