Arzúa porá o nome de Xulio Vázquez Carril á Casa da Cultura
A iniciativa, presentada polo BNG, contou co apoio unánime da Corporación municipal Arzúa, 9 de febreiro de 2026. O Concello de Arzúa aprobou no pleno municipal a denominación da Casa da Cultura como Casa da Cultura Xulio Vázquez Carril – O Gaiteiro de San Miguel, en recoñecemento á súa traxectoria vital e á súa achega á música tradicional galega. A iniciativa, presentada polo grupo do BNG, recolle tamén a celebración dun acto público de homenaxe na primavera, e contou co apoio unánime […]