AD

Actualidad

Alcalde e concelleira de Promoción Económica reciben á nova directiva da Xuntanza de Empresarios de Ames

today9 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A asociación Xuntanza de Empresarios de Ames renova a directiva despois dun acordo unánime

O alcalde, Blas García: “XEA realiza unha labor excepcional dinamizando o comercio local de Ames, seguiremos contando con eles para promover a actividade económica do concello”

O presidente de XEA, Ramón Cordido: “A anterior directiva fixo un gran traballo e a nosa intención e continuar nesa liña. Esta nova xerencia ten a experiencia e a capacidade de traballo necesaria para facelo”

Ames, 9 de abril de 2024.- Esta mañá o alcalde, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, reuníronse coa nova directiva da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames, que vén de renovar a directiva, tras un acordo unánime durante a asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado mes de marzo. Tratouse dunha primeira toma de contacto entre a nova directiva de XEA e mailo Goberno municipal que quere seguir mantendo a boa sintonía existente con dita entidade co obxectivo de seguir colaborando na organización de diversas iniciativas en beneficio dos establecementos comerciais e hostaleiros do concello.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá unha xuntanza do alcalde, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, coa nova directiva da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames, que vén de renovar a súa directiva. Tratouse dunha primeira toma de contacto entre a nova directiva de XEA e mailo Goberno municipal coa vontade de seguir mantendo a boa sintonía existente e colaborar activamente na organización de diversas iniciativas en beneficio dos establecementos comerciais e hostaleiros do concello.

O alcalde, Blas García destacou a labor que realiza XEA “dinamizando o comercio local de Ames, seguiremos contando con eles para promover a actividade económica do concello”. O presidente de XEA, Ramón Cordido expuxo que “a anterior directiva fixo un gran traballo e a nosa intención e continuar nesa liña. Esta nova xerencia ten a experiencia e a capacidade de traballo necesaria para facelo”.

A renovación da directiva levouse a cabo logo de que só se presentara unha candidatura e que foi aprobada co total consenso dos socios asistentes. Os novos integrantes da directiva son Ramón Cordido, de La Rayuela, como presidente; Antón Sanluis, de Sanluis Óptico, como secretario; e Olalla Alvite, de Nua Moda, como tesoureira. Ademais, designáronse os seguintes vocais: Jorge López, de Biosbardos (ex-presidente); Germán Mariño, de Vaca Vella, e Lucía Pego, de Papelería Chavián. Como xerente da asociación continúa Beatriz López.

Dende XEA confían no liderado e na experiencia da nova directiva para continuar promovendo o desenvolvemento económico e empresarial da localidade co fin de potenciar o comercio e hostalería local, a través iniciativas que beneficien a toda a comunidade. A idea é manter aquelas que a veciñanza acolleu con maior afán e engadir algunhas novas co fin de dar resposta ás necesidades dos socios á vez que se promove e beneficia aos veciños e veciñas de Ames.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%