AD

Comarca

Ames acollerá o Campionato do Mundo IAU de 100 km en 2026

today12 enero, 2026

Fondo
share close
AD
  • O alcalde, Blas García, destaca esta designación como “un recoñecemento á nosa capacidade para organizar eventos deportivos de máximo nivel”

Ames, 12 de xaneiro de 2026.- O Concello de Ames será a sede do Campionato do Mundo IAU de 100 km 2026, a probas máis relevante do atletismo internacional de ultrafondo, que se ven celebrando dende o ano 1987 e que acollerá o 20 de setembro de 2026 o municipio.

A designación foi anunciada oficialmente pola International Association of Ultrarunners (IAU) tras a aprobación da candidatura presentada polo Comité Organizador Local, coa colaboración da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e o apoio das institucións galegas e locais.

O alcalde, Blas García, destaca que esta elección supón un fito histórico para Ames e “un recoñecemento á nosa capacidade para organizar eventos deportivos de máximo nivel que, sen ningunha dúbida, repercutirán moi positivamente no municipio”. Pola súa banda a concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca a experiencia do Concello de Ames na organización de probas deportivas e abre a porta a seguir acollendo competicións desta envergadura.

O campionato reunirá en Ames a atletas de elite procedentes de todo o mundo, que competirán representando ás súas seleccións nacionais sobre a distancia de 100 quilómetros, nun evento de gran impacto deportivo, social e económico. A celebración desta proba converterá o municipio nun escaparate internacional, con ampla proxección mediática e unha importante repercusión para o tecido económico e turístico da contorna.

Desde o Concello de Ames destácase que a organización deste campionato reforza o compromiso municipal coa promoción do deporte, os hábitos de vida saudables e a atracción de eventos internacionais que contribúan ao desenvolvemento local e á dinamización do territorio.

Nos vindeiros meses, o Concello de Ames, xunto co Comité Organizador e as entidades colaboradoras, irá facilitando información detallada sobre o percorrido, a programación oficial e as actividades paralelas que acompañarán a celebración do Campionato do Mundo IAU de 100 km 2026.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *