AD

Comarca

Ames e Brión acollerán a cuarta edición de “Altamira Brilla” o 13 e 14 de xuño

today10 junio, 2025

Fondo
share close
AD

“Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega a súa cuarta edición. As actividades desenvolveranse o venres 13 e mailo sábado 14 de xuño

O programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, unha ruta teatralizada polos escenarios máis significativos da batalla e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns

Ames, 9 de xuño de 2025.- “Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega a súa cuarta edición. As actividades desenvolveranse o venres 13 e mailo sábado 14 de xuño. O programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, unha ruta teatralizada polos escenarios máis significativos da batalla e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns.

As Torres de Altamira son un monumento patrimonio da Deputación da Coruña, considerado Ben de Interese Cultural e situado nun espazo privilexiado que o converte nun magnífico miradoiro sobre o Val da Maía. Construídas no século IX, as Torres foron derrubadas no século XIV e construídas de novo en 1471. O evento “Altamira Brilla” ten como obxectivo poñer en valor o monumento, así como recuperar a memoria histórica da batalla, que tivo lugar o 13 de xuño de 1471 entre as tropas do arcebispo Alonso Fonseca II e Lopo Sánchez Moscoso.

“Altamira Brilla” regresa para celebrar a súa cuarta edición cun amplo programa de actividades divididos en dous días, que inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, unha ruta teatralizada polos escenarios máis significativos da batalla e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns.

As actuacións musicais e maila representación teatral serán no impresionante marco escénico que conforman as Torres de Altamira, no lugar de A Torre, en Brión; mentres que na ruta teatralizada percorreranse os escenarios da Batalla de Altamira, no concello de Ames, para despois rematar nas Torres.

Venres 13 de xuño: actuacións musicais

O programa dará comezo o venres, 13 de xuño, con varias actuacións musicais.

-Ás 20.00 horas. Actuación do grupo de pandeireteiras da Costaneira de Ames.

-Ás 20:30 horas. Actuación do grupo da Escola Municipal de Pandeireta de Brión.

-Ás 21.00 horas. Concerto do grupo Carmela.

Para asistir é preciso reservar os convites de xeito gratuíto na Billeteira do Concello de Brión.

Sábado 14 de xuño: ruta teatralizada e representación teatral

O sábado, 14 de xuño, haberá unha ruta teatralizada polos escenarios da batalla. Combinaranse tramos e pé e en autobús cun percorrido polos escenarios da Batalla de Altamira (Augapesada, Ponte Maceira, Trasmonte e As Torres). Para inscribirse na ruta é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo rutabatallaaltamira@gmail.com.

16:30 horas. Saída en autobús da Carballeira de Santa Minia (Brión).

16:45 horas. Saída en autobús do Pazo da Peregrina (Ames).

17:00 horas. Inicio da ruta desde Augapesada (Ames).

20:00 horas. Remate da ruta nas Torres (Brión).

22:00 horas. Regreso do autobús ata a Carballeira de Santa Minia e ao Pazo da Peregrina.

As persoas que participen nesta actividade percorrerán un tramo a pé dende Augapesada, polo Mar de Ovellas (só se percorrerá o tramo de terra). De seguido, o autobús recollerá aos/ás participantes para trasladalos ata A Ponte Maceira, e de alí ata a igrexa de Trasmonte. Dende onde se realizará o último tramo andando ata as Torres de Altamira, pasando polo Pazo e Leboráns.

A hora de chegada ás Torres está prevista para as 20.00 horas. Haberá media hora de descanso ata ás 20.30h, momento no que comezará a presentación e contextualización da representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns. Ás 22.00 horas, cando remate dita representación teatral, as persoas participantes na ruta volverán en autobús ata a Carballeira de Santa Minia e ao Pazo da Peregrina.Representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns

Ademais, das persoas que participen na ruta teatralizada, os veciños e veciñas que o desexen poderán acudir á representación teatral do grupo Os Quinquilláns. Para elo hai que reservar os convites de xeito gratuíto na Billeteira do Concello de Brión. Ás 20.30h haberá unha presentación e contextualización; e ás 21:00 hora comezará a representación teatral.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *