AD

Comarca

Ames e Brión impulsan a inserción laboral con novas accións do Programa Integrado de Emprego

today17 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “o programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión é unha das medidas de políticas activas de emprego máis efectivas levadas a cabo polas dúas administracións locais”

“Durante os meses de xaneiro e febreiro realizáronse as primeiras actividades do novo programa que se vai impartir ata outubro de 2026. Realizáronse once accións formativas cunha asistencia media de 15 participantes por curso, formándose o  65% das persoas participantes”

Ames, 17 de marzo de 2026.- O programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2025-2026 comezou a desenvolver as actividades no mes de xaneiro, unha vez rematado o proceso de selección das 100 persoas participantes, e rematará en outubro de 2026. Está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 220.000 euros e cofinanciado polos Concellos de Ames e Brión. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe acadada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

As persoas participantes, ademais de estar inscritas como demandantes de emprego e residir en Ames ou Brión, encádranse nalgún dos seguintes colectivos: persoas menores de 30 anos desempregadas; persoas maiores de 52 anos desempregadas; persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI); persoas desempregadas de longa duración; persoas desempregadas inmigrantes e/ou mulleres desempregadas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “o programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión é unha das medidas de políticas activas de emprego máis efectivas levadas a cabo polas dúas administracións locais. Durante os meses de xaneiro e febreiro realizáronse as primeiras actividades do novo programa que se vai impartir ata outubro de 2026. Realizáronse once accións formativas cunha asistencia media de 15 participantes por curso, formándose o  65% das persoas participantes”.

Actividades do programa

Ao longo dos meses de xaneiro e febreiro realizouse a primeira rolda de titorías individualizadas. Nestas titorías iniciais estableceuse con cada participante o seu itinerario (formación, prácticas, etc.) a realizar ao longo do programa.

Comezou tamén a formación transversal para a procura de emprego coa realización dos obradoiros de Habilidades sociais e comunicación, Establecemento de obxectivos profesionais e plan de acción, Técnicas de busca de emprego eficaz, formación en Contratos laborais e formación en Idiomas (inglés).

Estas formacións tiveron un gran éxito de participación, realizáronse un total de once accións formativas cunha asistencia media de 15 participantes por curso, formándose o  65% das persoas participantes.

Próximas actividades

Nas próximas semanas desenvolverase a formación en “Intelixencia artificial estratéxica para a procura de emprego”, “Inglés intermedio” e “Xestión da marca persoal na procura de emprego”.

En canto á formación sectorial, as persoas participantes formaranse nos ámbitos do comercio, almacén, ocio e tempo libre, turismo, administración e novas tecnoloxías, podendo elixir o que mellor se adapte ao seu perfil ou ás súas preferencias. Ademais poderán realizar prácticas en empresas da contorna relacionadas co sector ou sectores de actividade nos que prefiran formarse.

As persoas interesadas en recibir información sobre o programa poden cubrir o formulario que figura neste seguinte enlace deixando os seus datos de contacto.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *