Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
12 maio de 2025.- O Pleno de Lousame celebrou esta mañá unha rápida sesión extraordinaria na que se tomou coñecemento da renuncia de Ana María Domínguez Laíño, candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía, á súa acta como concelleira. Unha renuncia formalizada o pasado 1 de maio. O alcalde en funcións, Esteban Ares García, aproveitou para agradecerlle a concelleira “o traballo realizado ao longo deste meses e desexarlle a mellor das sortes na súa vida persoal e profesional”.
O Pleno tomou coñecemento tamén da renuncia anticipada de Ana Vanesa Martínez Figueroa a asumir a acta que deixa libre Domínguez Laíño, polo que o Concello enviará unha comunicación á Xunta Electoral Central para que traslade a petición á seguinte persoa na lista: Begoña Maroñas Maroñas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)