AD

Comarca

Ana María Santiso e Andrés Cendán gañan a XX Carreira Popular do Pino

today22 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • Alberto Mariño e Alberto Riveiro completaron o podio absoluto masculino, e María Tarrío e Ana Martínez o feminino
  • Jesús Sainz, Miguel García e Bruno Gomes foron os mellores atletas do Pino, e Cristina Carril, Ana María Fandiño e Carmen Castro, as mellores locais
  • José Pantín e Elvira Tresguerras, participantes de máis idade
  • O C.A. O Pino foi o que aportou un maoior número de participantes

O Pino. 21-9-2024.- Ana María Santiso Prado e Andrés Cendán Lloréns foron esta mañá os gañadores absolutos da Carreira Pedestre Popular do Pino, unha proba nam que participaron máis de 380 atletas de todas as idades. Os máis veteranos foron José Pantín, do Atletismo Narón (79 anos) e Elvira Tresguerras, do C.A. Sar (73 anos).

Andrés Cendán Lloréns foi o dominador absoluto da vixésima edición da Carreira Pedestre Popular do Pino, que encabezou dende os primeiros metros e rematou nun tempo de 27.05 minutos, seguido sde Alberto Mariño Rial (27.34) e Alberro Riveiro Lampón (27.50).

Na categoría feminina, Ana María Santisou rematou os 8 quilómetros en 31.39 minutos, tres menos que asegunda clasificada, Ana Tarrío Martínez (34.46). A terceira foi Ana Mar´tinez (35.51).

En canto aos mellores atletas do Pino na categoría absoluta, recolleron o seu recoñecemento Jesús Fernando Sainz (29.40), Miguel Gardía Duro (33.15) e Bruno Manuel Gomes (33.21) en categoría masculina, e Cristina Carril (39.19), Aba María Fandiño (47.10) e Carmen Castro (47.41).

O Club Atletismo O Pino foi o que aportou un maior número de atletas na proba, e quedou segundo en categoría feminina, por detrás da SD Compostela. En categoría masculina o podio estivo copado polo Club Triatlon Compostela, o C.A. Sar e a SD Compostela.

Nesta vixésima edición participaron máis de 380 atletas de todas as idades, dende rapazada menor de 6 anos ata os máis veteranos, que nesta ocasió foron José Pantín López, do Atletismo Narón, que rematou a proba en 55.46 minutos aos seus 79 anos. En mulleres, Elvira Tresguerras foi outra vez a participante máis veterana. Con 73 anos rematou a proba en pouco máis dunha hora, 1.02.15.

A Carreira Popular do Pino forma parte do XI Circuito de carreiras populares da Deputación da Coruña.

Na entrega de premios e para dar a saída das diferentes probas participaron o alcalde, Manuel Taboada, os concelleiros Borja Castro (que correu na 8K), José Fuentes e Eva Varela.

As clasificacións pódense consultar na web carreirasgalegas.com (neste enlace).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *