AD

Deportes

Antonio Gómez Corzo leva Arzúa ao máis alto do tiro ao prato mundial

today1 julio, 2026

Fondo
share close
AD

 

Arzúa volve celebrar un éxito deportivo da man de Antonio Gómez Corzo. O tirador arzuán proclamouse campión de España e campión do Mundo de tiro ao prato na modalidade de foso universal, dentro da categoría de súper veteráns, nun campionato disputado entre os días 19 e 21 de xuño no Centro Especializado de Alto Rendemento Juan Carlos I de Las Gabias (Granada).

Gómez Corzo asinou unha actuación brillante que lle permitiu subir ao máis alto do podio nas dúas competicións, confirmando o seu excelente momento deportivo e consolidándose como un dos grandes referentes nacionais e internacionais da súa categoría.

O dobre éxito acadado en Granada supón un importante recoñecemento ao traballo, a constancia e a dedicación do deportista arzuán, que continúa ampliando un destacado palmarés no tiro ao prato.

O Campionato de España e do Mundo de foso universal reuniu en Las Gabias a numerosos especialistas procedentes de distintos países, convertendo o Centro Especializado de Alto Rendemento Juan Carlos I nun dos grandes escenarios internacionais desta disciplina.

Coa conquista destes dous títulos, Antonio Gómez Corzo leva o nome de Arzúa ao máis alto do deporte do tiro ao prato, nunha fazaña que enche de orgullo ao municipio e ao deporte galego.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *