Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 diciembre, 2025
O Concello de Rianxo incrementa un ano máis o investimento destinado ás becas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos. Na convocatoria correspondente ao curso 2025/2026, o goberno local concederá axudas por un importe superior aos 12.000 euros, unha cifra que supón un notable aumento con respecto á convocatoria anterior e máis do dobre do destinado no curso 2022/2023.
Este esforzo económico tradúcese tamén nun incremento significativo do número de persoas beneficiarias, consolidando estas axudas como un recurso fundamental para apoiar ás familias rianxeiras e garantir a igualdade de oportunidades no ámbito educativo.
A concelleira de Política Social, Ana Vidal, subliñou que “o noso compromiso coas familias e coa educación pública é firme”, e destacou que xa se veñen de resolver tamén as axudas destinadas a apoiar as actividades impulsadas polas Anpas dos centros escolares do municipio.
Neste senso, Vidal explicou que se trata “dun programa de subvencións dotado con 10.000 euros, que ten como finalidade colaborar nos gastos derivados das actividades desenvolvidas ou promovidas polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos de Rianxo, e que impulsamos este ano por primeira vez”.
Desde o Concello salientan que estas medidas forman parte dunha política social centrada no apoio á educación pública e na mellora das condicións das familias con fillos e fillas en idade escolar.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)