Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 junio, 2025
Arzúa, 6 de xuño de 2025.- O Edificio Multiusos “Terra do Queixo” acollerá este sábado, 7 de xuño, a cuadraxésima edición da Mostra Galega de Apicultura, un encontro xa consolidado no calendario galego que reunirá persoas expertas do sector, produtoras, deseñadores e público de todas as idades arredor da cultura do mel e das abellas.
Ao longo da xornada desenvolverase un completo programa de charlas técnicas e divulgativas, que terán lugar na Sala 4 do Multiusos:
• 10:30 – 11:30 h | “A importancia dos ácidos orgánicos e das substancias naturais no control da varroa”, por Filipa Pucarico (Hifarmax).
• 11:30 – 12:30 h | “Vestir o mel: como o Deseño transforma a apicultura en marca”, por Julio Seijas Rosende, deseñador gráfico.
• 12:30 – 13:30 h | “Control de calidade dos produtos apícolas”, por Francisco Orantes Bermejo, director de Apinevada.
• 14:00 – 16:00 h | Xantar abelleiro.
• 16:00 – 17:00 h | “Castañicultura Apícola”, por Pablo Villaverde e David Rey (AGA).
• 17:00 – 18:00 h | “O método Palmer, unha forma sostible de producir núcleos e raíñas”, por Francisco (Macmel).
• 18:00 – 19:00 h | “Nutrición apícola”, por Miguel Ángel Villar Casal (apícola Candeira).
Ademais, na aula 3 do piso superior, Cristina, xestora das axudas PAC, estará dispoñible de 12:00 a 14:00 horas para atender as persoas que solicitaron a axuda e resolver calquera dúbida.
Unha das principais novidades deste ano será a presenza do equipo do hospital S. João do Porto, encabezado pola Dra. Alice Coimbra, que ofrecerá un servizo de análise sanitaria (varroa, nasema, apitoxicidade…) entre as 11:00 e as 15:00 h, dirixido a todos os apicultores que leven mostras.
A mostra tamén contará cun espazo infantil “Abelliñas Obreiras”, aberto durante toda a xornada, e cunha ampla oferta de actividades para o público xeral, como catas de mel e queixos de Arzúa, obradoiros de gominolas con mel e obradoiros de manualidades pensados para crianzas e familias.
O evento está organizado pola Asociación Galega de Apicultura e o Centro de Divulgación do Queixo e o Mel, coa colaboración do Concello de Arzúa, Arzúa Turismo e a Deputación da Coruña.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)